Estatutos GALICIA DESTINO GOLF
A existencia desta asociación ten como fins:
- Fomentar o turismo de golf como unha actividade deportiva e de lecer que favorece a saúde e benestar das persoas.
- Agrupar ás empresas relacionadas co turismo de golf, fomentando a colaboración e solidariedade entre as mesmas.
- Defender os intereses comúns dos seus asociados.
- Relacionarse de maneira conxunta, unitaria e harmónica con outras organizacións empresariais e coas distintas institucións e administracións públicas implicadas nas súas actividades en calquera ámbito territorial de España, ou da Unión Europea, co obxectivo de prestarse colaboración mutua e tamén intercambiar experiencias en materia profesional, turística, xurídica, económica e ambiental.
- Mellorar a oferta de turismo de golf en Galicia.
- Estar presentes e ser tidos en conta á hora de planificar o desenvolvemento de cuantos elementos vaian afectar e ordenar o exercicio da nosa actividade, e moi en particular no ámbito normativo e en especial aos plans de ordenación turística.
- Fomentar a promoción nacional e internacional do turismo de golf en Galicia a través dos produtos e servizos dos seus asociados.
- Velar pola defensa da competencia dentro do sector, denunciando aquelas prácticas de terceiros que poidan supor unha violación da lexislación vixente.
- Cumprir e facer cumprir as normas e disposicións que se diten polo Estado ou o Goberno Autonómico, velando pola libre competencia no sector.
Ten á súa disposición os estatutos completos da asociación GALICIA DESTINO GOLF
DESCARGAR